Translations:Legal:Confidentiality agreement for nonpublic information/4/gl

From Wikimedia Foundation Governance Wiki

Os datos persoais non públicos son información privada, incluídos os datos persoais privados das persoas usuarias, que recibes a través dalgunha das ferramentas que se che proporcionaron como membro autorizado dunha comunidade da Wikimedia ou a través doutros membros de igual condición. Os datos persoais non públicos inclúen os "datos persoais" conforme se definen na norma de protección de datos, os enderezos IP e o resto de información de identificación persoal que non está dispoñible publicamente doutro xeito. Non comprende ningunha información persoal dun usuario que el, ela ou ele mesme fixese pública nos proxectos da Wikimedia.